Fecimo pon en marcha a campaña “VIVE A MAXIA DE COMPRAR LOCAL” que se levará a cabo ata o 15 de outubro
Setembro é o mes da volta ao cole, do fin das vacacións, e da volta á vida cotiá das nosas vilas. Co fin de volver ilusionar aos clientes do Comercio do Morrazo, FECIMO pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial baixo o slogan “VIVE A MAXIA DE MERCAR EN LOCAL” que se levará cabo entre os días 18 de setembro e o 15 de outubro.
A campaña buscará a asociación do comercio local á ilusión, lembrando ás persoas consumidoras a maxia de mercar no comercio local.
Desenvolvemento da campaña
A campaña consistirá nunha dinámica que dará a oportunidade aos clientes do comercio local de gañar compras gratis por valor de 900€ en tarxetas regalo. Para isto deberán rexistrar os tickets das compras, superiores a 10€ nos establecementos de Comercio do Morrazo
participantes na campaña, realizadas entre o 18 de setembro e o 15 de outubro na web www.comerciodomorrazo.com. As tarxetas regalo terán unha limitación de 120€ por compra (aínda que o ticket premiado exceda esa cantidade), e serán gastadas nos establecementos asociados.
A esta posibilidade de gañar premios coas compras realizadas no comercio local, sumaráselle a posibilidade de, co mesmo ticket de compra, acceder a espectáculos de maxia para todos os públicos, mediante descontos nas entradas dos mesmos, que serán entregados nos establecementos participantes na campaña.
As entradas terán un valor de 6€/persoa, e coas compras no comercio local participante na campaña os clientes obterán descontos de 5€, polo que pagarían 1€ en taquilla para conseguir a súa entrada ao espectáculo. O importe recadado será invertido en fins sociais.
Os espectáculos celebraranse nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña e terán un aforo limitado:
— “Maxia, misterios e outras historias” Óscar Fernández o venres 6 de outubro de 19:00h a 20:00h na Sala Celso Parada no C.S.C. Daniel Castelao en Moaña.
— “Maxia con desgarbo” Carlos Tomico o domingo 8 de outubro de 18:00h a 19:00h. no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu.
— “Magos Magia en la manga” Gala de maxia o mércores 11 de outubro de 19:00h. a 20:30h. no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo.
Por outra banda haberá actuacións de maxia na rúa:
- O luns 2 de outubro na Zona de Concepción Arenal de Moaña de 17:30h. a 19:30 h.
- O martes 3 de outubro na Zona de Pazos Fontenla de Bueu de 17:30h a 19:30h.
- O mércores 4 de outubro na Zona de As Barxas de Moaña de 17:30h. a 19:30h.
- O xoves 5 de outubro na Zona de Eduardo Vicenti e Castelao de Bueu de 17:30h a 19:30h.
Cada desconto de entrada poderá ser usada por unha única persoa e función. A taquilla abrirá o mesmo día e lugar do espectáculo cunha hora de antelación á sesión.