O Concello de Marín vén de rematar o pintado e a sinalización das rúas nas que se amplía o sistema de regulación do estacionamento Zona 2H, que son:
1.- Zona próxima á Praza de Abastos
Na rúa Exército e Marina, ocupando todo o estacionamento existente na súa marxe esquerda, desde a entrada principal ata a súa bifurcación coa Praza de España. En total serán 20 prazas, repartidas do seguinte xeito:
Desde o paso de peóns da entrada principal ata o final do edificio: 12 prazas
Desde o final do edificio ata o paso de peóns de Correos: 4 prazas
Desde o paso de peóns de Correos ata o final: 4 prazas
2.- Zona do Centro de Saúde
Na rúa Mestre Landín Pazos. Regularase o aparcadoiro público do INVIED que hai fronte á entrada do Centro de Saúde, así como a beirarrúa pegada ao edificio, exceptuando as prazas destinadas á ambulancia e a de persoas con mobilidade reducida. Serán 15 prazas.
3.- Zona da Rúa Méndez Núñez
No tramo situado entre o carga e descarga detrás do Concello ata o carga e descarga que hai detrás da Biblioteca Pública Vidal Pazos. Serán 12 prazas.
4.- Zona de Jaime Janer
Desde o cruzamento coa Travesía Jaime Janer até o cruce coa rúa Busto de Abaixo. Ocuparanse 11 prazas.
5.- Zona Rúa da Ponte
Ocuparase todo o tramo, unindo coas prazas xa existentes como Zona 2H. En total, dotarase de 20 prazas.
6.- Zona Avenida de Ourense
Habilitarase a Zona 2H desde o cruzamento da Rúa Carballino ata o a rúa do Tombo, con seis prazas.
Deste xeito, desde hoxe a Policía Local procederá ao control do estacionamento nestas zonas, para garantir o seu bo funcionamento.
O obxectivo, tal e como explican fontes do Goberno local, “é seguir ordenando o espazo urbano de Marín e garantindo que no centro urbano exista rotación nas principais rúas, nas que antes da implantación deste sistema gratuito era moito máis difícil aparcar”.