O sistema permite a autenticación, na Oficina Virtual Tributaria do Concello de Bueu, con Clave Segura de Usuario e sen necesidade de Certificado Electrónico nin Dni-e

Co obxectivo de garantir a realización dos principais trámites tributarios dende a casa e
continuar coa actividade das oficinas municipais, suspendida fronte ao Covid-19, o Concello de Bueu aprobou un sistema de autenticación para a realización de trámites tributarios por medios electrónicos a través da oficina virtual tributaria, grazas ao cal as persoas contribuíntes poderán operar na súa conta tributaria con todas as garantías de seguridade, sen precisar para iso do Certificado Electrónico nin do Dni-e.

Esta resolución, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o pasado 28
de abril, responde á necesidade de poñer en marcha medidas extraordinarias para facer fronte á crise sanitaria provocada pola Covid-19. O novo sistema de autenticación facilita ao / á contribuínte o acceso a todos os trámites que ofrece a Oficina Virtual Tributaria, sen necesidade de contar con Certificado Electrónico ou Dni-e, únicas vías de autenticación válidas ata o momento. Coa Clave segura de Usuario o contribuínte poderá pagar os seus recibos, consultar a súa situación tributaria, domiciliar os seus pagos ou cambiar o número de conta, acceder a notificacións, solicitudes, etc.

Activación do Sistema de Autenticación

O proceso iníciase coa Identificación e Rexistro: a persoa contribuínte realizará unha
chamada telefónica ao 986 390 066, tras a que o persoal de atención telemática
confirmará a súa identidade mediante unha serie de preguntas e respostas de control.

Sempre cumprindo coa normativa que contempla o Protocolo de activación, procederase á solicitude do contrasinal de usuario, para a que o xestor telefónico pedirá ao cidadán ou cidadá unha dirección de correo electrónico, onde se lle enviarán as indicacións necesarias para proceder á Activación da Clave. Unha vez dispoña da súa clave segura de autenticación, só terá que acceder á Oficina Virtual Tributaria e completar o proceso.

A activación deste sistema de autenticación facilitará que se poida seguir prestando
servizo ás persoas contribuíntes de forma ininterrompida, tanto a través da Oficina
Virtual Tributaria como de atención telefónica, ao mesmo tempo que se fai fronte ao
impacto económico e social provocado polo Covid-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *