Pintado del paso de peatones en el centro de Bueu en febreiro de 2021.

A voceira sinala as queixas de veciñanza, comercio, hostalería e outros sectores, afectados por non ser sequera informados das obras feitas logo das présas do alcalde de Bueu, que, segundo apunta, “está intentando tapar a falta de traballo nos pasados anos cunha chapuza

As obras da semana semana pasada en varias rúas do centro de Bueu motivaron, segundo el PP de Bueu, numerosas queixas por parte da veciñanza da vila, que «se queixaba de falta de información para circular, así como dos residentes nas zonas afectadas, que non foran avisados con antelación». Tampouco, din os populares, a hostalería local, o comercio e os diferentes sectores tiñan coñecemento da realización destas actuacións que trastocaban o desenvolvemento das actividades económicas.

A voceira popular, Elena Estévez, amosouse moi crítica “co absoluto caos das obras”, posto que estas foron realizadas “á vez en varias rúas”, en vez de ir avanzando tramo a tramo para “non colapsar o núcleo da vila”. Así, cuestionou que non se realice “unha actuación por partes, facilitando ao máximo mentres tanto o tráfico, e informando coa suficiente antelación a toda a cidadanía, para que coñeza por que zonas de Bueu pode pasar e por cales non”.

“Queda totalmente claro que o goberno de Bueu se parece cada día máis ao camarote dos Irmáns Marx, e que Félix Juncal está totalmente desbordado para xestionar o Concello”, aseverou Estévez, aludindo “ás présas que ten para que pareza que desde o Concello hai actividade, cando a realidade é que está intentando tapar a falta de traballo nos pasados anos cunha chapuza a todo correr”. “Resulta insultante que para catro obras que se fan ao longo de Bueu non exista coordinación por parte do responsable de obras e servizos, que non é outro que o propio alcalde, Félix Juncal”, afirmou.

Dese xeito, Estévez solicitoulle ao goberno “planificación, xestión e información”, para que “as catro cousas que fan nun ano non sexan, aínda por riba, un problema polo pasotismo dun goberno local bipartito ensimesmado”. Xa que logo, incidiu na necesidade de que “Bueu luza a súa mellor cara todo o ano e todos os anos, non só cando o alcalde ve que se lle veñen enriba as municipais e quere aparentar traballo para el ou o seu sucesor”, ademais de sinalar a importancia de que “o alcalde pense tamén no rural de Bueu, posto que as parroquias e as aldeas están totalmente abandonadas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *