Ecoembes iniciou no noso Concello a súa campaña Pontevedra Recopila, unha proposta medio ambiental que se está a desenvolver en distintos puntos da provincia e que ten por obxectivo concienciar á cidadanía da necesidade de reciclar estes productos, así como facilitarlle ese labor.
A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, achegouse até o posto instalado esta mañá no entorno da para de taxis da Praza de España. Desde Recopila, realizaron un traballo porta a porta por distintos establecementos hostaleiros que puidesen estar interesados en deixar recopiladores e colectores para a recollida destes productos.
Tamén se repartiron colectores para disintas estancias municipais. Recolleranse trimestralmente as pilas que se poidan xuntar para que despois Ecoembes poida reciclalas.
Durante a campaña de concienciación de hoxe, as monitoras de Ecoembes trataron de explicar á cidadanía a perigosidade que supón non reciclar de xeito correcto as pilas.