Se durante o primeiros cinco días de funcionamento o Programa de Bonos Moaña Consume Local bonificou case 14.500 euros, só o pasado sábado as cifras duplicáronse alcanzando os 26.135,31 euros nas 1.271 operacións de venda fronte ás 688 rexistradas ata o pasado venres. Unha evolución esperada polo Concello ao coincidir o seu arranque coa ponte do Pilar.

En total, durante a primeira semana os 51 establecementos rexistrados nesta iniciativa moveron compras por valor de case 100.000 euros (exactamente 98.221,16 €) coas 2.061 tarxetas virtuais expedidas ata ese momento. O éxito está a ser tan importante que xa han comercios que están a chegar ao tope de crédito por negocio, 2.250 euros.

O Concello destina a este Programa un total de 100.000 euros, de forma que de cada 100 euros de compra coa tarxeta 30 son asumidos polas arcas públicas. Ata este momento consumiuse o 26 por cento do importe total.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *