O Programa CONVIVE.COMigo pon en marcha procesos de capacitación, valoración, formación e seguemento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial que lles obrigue a convivir con outra persoa, familia ou grupo educativa.

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación Arela e a Xunta de Galicia, está tamén activa e dispoñible en Marín desde o mes de febreiro e segundo explicou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, “xa son dúas unidades familiares as que se interesaron en formar parte do programa”.

Tal e como lle trasladou o persoal técnico da asociación a Sanmartín, foron tamén varias as familias a maiores que se interesaron polo funcionamento do proxecto en Marín, polo que a concelleira agradeceu “a xenerosidade e solidariedade da nosa veciñanza, que sempre participa activamente neste tipo de iniciativas de inserción, fundamentais para construir unha sociedade mellor”,

E é que as familias que acollen a estes adolescentes créanlles un ambiente socializador e positivo que lles axudará a modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial, e polo tanto, reducinod as posibilidades de que reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.

Arela ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40 euros diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.

Dende a Páxina web de Arela pódese consultar máis información sobre este programa, así como dende o seu teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do correo electrónico convive@arela.org

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *