Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo Servizo Municipal de Protección Civil, o lume declarouse nun braseiro e ardeu a parte do tellado situada na zona da cheminea. Ademais, o fume provocou danos na vivenda.
Os feitos sucederon no lugar de Herbello, na parroquia de Aldán, uns minutos despois das 22:30 horas da pasada noite.
Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia nese momento para alertar do incendio e, axiña, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cangas, da Garda Civil e da Policía Local.