Dous homes, un de maior idade e outro máis novo, atracaron en torno ás 14.30 horas a sucursal de Abanca na parroquia de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa. Segundo a Garda Civil, ían armados e, aínda que accederon á oficina coa cara descuberta, xa no interior cubríronse con máscaras, unho cun chapeu e outro co gorro do suadoiro, encerraron aos empregados de no baño, atáronos e procederon a levar o botín. Polo momento non trascendeu a cantidade coa que lograron fuxir ainda que fálase dunha cifra elevada de «moitos miles de euros».
Neste momento os traballadores da entidade atópanse no interior e tamén os axentes, encargados de solicitar probas coas que identificar aos dous individuos.