Concelleiros e concelleiras do goberno de Moaña cos directivos de Devanceiros na persentación da exposición.

A Asociación Devanceiros do Mar continúa traballando por mostrar o incrible mundo marítimo e da navegación e unha das súas últimas iniciativas é «Recanteiros do Mar», unha exposición virtual na que reunirán elementos doutras mostras anteriores e tamén presentarán pezas novas totalmente diferentes ás vistas ata o momento. Así o explica o presidente de Devanceiros, Cristóbal Cordeiro, que avanza que quen visite a exposición poderá coñecer a evolución da navegación e as diferentes fases de construción das embarcacións. «Imos poñer maquetas que nunca antes de expuxeron», adianta a Morrazo Noticias.

Poderá verse do 19 de agosto ao 2 de setembro a través das plataformas en liña de Devanceiros do Mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *