A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Tráfico, Francisco Estévez, acudiron onte a acompañar ao recén xubilado cabo-oficial da Policía Local Andrés Amaro Pérez, que despois de 36 anos de servizo inicia a súa nova etapa. A rexedora agradeceulle o traballo prestado na vila e todos os seus compañeiros arropáronno nesta celebración.