Chamamento da familia dunha marinense desaparecida desde o pasado venres cando saíu da súa casa da Cañota ás 16:00 horas. Chámase Cristina Larrinaga Díez e ten 48 anos.
Segundo explica un familiar próximo, a muller marchouse da súa casa tras discutir co seu marido. Desde entón, nada se soubo dela aínda que o seu móbil houbo momentos nos que estivo operativo.
Ía vestida cunha chaqueta negra e gris, leggins negros e zapatillas desta mesma cor. É loura de pelo rizado, tal e como se mostra na foto que os máis achegados colgaron nas redes sociais para tratar de pedir axuda para localizala.
A súa parella xa denunciou a desaparición ante a Garda Civil e a súa filla, que reside en Madrid, viaxará ata Marín nas próximas horas para, se non aparece antes, organizar batidas que poidan dar co seu paradoiro. É a primeira vez que desaparece durante tanto tempo.
Para calquera información poden chamar ao teléfono 671664600.