A comunidade de Montes de Ardán asegura que a Plataforma non pediu ningún permiso previo e que daráselle a autorización cando presente toda a documentación necesaria. «O anunciaron pero nin a nos nin á de Cela pedíronnos autorización», dí o presidente de Ardán

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo (PDMM) ten que suspender o roteiro previsto para esta fin de semana tras recibir das comunidades de montes de Ardán, en Marín, e de Cela, en Bueu, un comunicado advertíndolles de que non contan con autorización para facer a andaina contra a instalación dun parque eólico na zona. O presidente da comunidade de montes de Ardán, Carlos del Río, asegura que enteráronse polas publicacións deste roteiro porque ninguén pediulles permiso para facelo polos montes da súa responsabilidade. «O anunciaron pero nin a nos nin á Cela pedínronnos autorización», dí o directivo de Marín, que asegura que non ten problema en facelo pero «ten que presentar toda a documentación necesaria e un seguro coma se fai sempre que a ruta e organizada polo que poda pasar». «Se pasa algo veñen encima de nos», apostila.

A PDMM amosa a súa «incredulidade» pola decisións das comunidades de montes de Ardán e Cela «porque despois de máis de medio centenar de roteiros realizados por toda a comarca nos seus 10 anos de vida nunca lle pasara que unha comunidade de montes lle prohibira o paso nos seus roteiros». «Non pasara contra os roteiros realizados no seu momento entre os anos 2012 e 2013 contra o parque eólico de Pedras Negras, nin cando en novembro de 2014 se organizou un roteiro pola protección dos montes de Cela e Ardán, nin en maio de 2016 cando se realizou outro pola protección do Outeiro da Carballosa, lugares por onde pasaría o roteiro do vindeiro sábado». Pola súa parte, o presidente da comunidade de montes de Ardán asegura que «se non se prohibiron sen presentar a documentación previa é porque non se enteraron de que se ían a facer».

Sen embargo, dende a PDMM tomáronse esta negativa coma unha venganza. «A non ser que se teña dado por aludida por algunha denuncia pública relacionada no pasado cos seus montes», suxiren.

Suxiren intereses económicos

O roteiro programado pola PDMM para este sábado 27 de novembro tiña a súa saída na área recreativa de Chans de Cela e o seu percorrido transcorrería por vías forestais, camiños e corredoiras das parroquias de Cela e Ardán, parte del dentro do sendeiro municipal de curto percorrido de Chans, para dar a coñecer a importancia paisaxística, ambiental e cultural desta contorna que, de xeito máis ou menos directo, podería estar afectada polo proxecto do novo parque eólico que está a impulsar na zona a empresa ACS.

«Estas semanas soubose que a empresa ACS quere impulsar nos montes das parroquias de Ardán, Cela e Ermelo un novo parque eólico do que pouco se sabe, segundo a PDMM, polo escurantismo da directiva da comunidade de montes de Ardán que tivo que suspender unha asamblea para tomar unha decisión con respecto ao parque polas formas e as presas con que se convocou», manifestan no comunicado da PDMM.

Así, pregúntanse se a decisión de prohibir o roteiro «non terá que ver máis ben con este proxecto, ao que realmente vai dirixido, e detrás da posible postura a favor do dito parque eólico por parte da directiva desta comunidade de montes que podería estar a negociar xa coa empresa ACS os termos do contrato como veu a demostrar por informacións extraoficiais a directiva da comunidade de montes de Ardán».

Sobre este asunto, o presidente desta comunidade de montes de Marín deféndese asegurando que «serán os veciños quen decidan se están a favor ou en contra do parque e, polo momento, non se manifestaron porque non teñen información para facelo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *