Ao abeiro das accións de formación para o emprego previstas polo Concello de Marín para o ano 2022, vaise desenvolver un Curso de formación en loxística e distribución cun módulo de carretilla elevadora, que terá unha duración de 50 horas teóricas e 40 horas de prácticas non laborais en empresas, e se levará a cabo entre o 18 de maio e o 17 de xuño de 2022, en horario de 9 a 14 horas. A parte teórica levarase a cabo na aula de formación do Espazo Emprendedor situado no Parque Azul.
A acción formativa vai dirixida a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego, sendo perfil requerido ser menor de 30 anos co graduado en ESO rematado. O curso terá carácter gratuito para as persoas participantes.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 886204352 ou ben a través dunha mensaxe ao enderezo de correo electrónico aedlmarin@concellodemarin.es indicando no mesmo o nome completo, o DNI e o número de teléfono de contacto. O número de prazas é limitado e a admisión efectuarase por riguroso orde de inscrición ata esgotar o número total de prazas dispoñibles.