Garda Civil e Policía Local continúan a procura de Mónica, a moañesa de 52 anos desaparecida desde o pasado 3 de novembro. O que si se atopou a última hora da tarde de onte foi o seu vehículo, un Renault Clío vermello, en Cabo Home, en Cangas.
Polo demais, non hai máis información relacionada con este caso, ou polo menos non transcendeu porque a familia optou pola discreción.