Hall do hospital Álvaro Cunqueiro.

Trátase dun varón de 43 anos que ten vínculo epidemiolóxico coa paciente que se confirmou esta tarde e que tamén permanece ingresada no área sanitaria de Vigo

As análises realizadas no Hospital Alvaro Cunqueiro, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, confirman a infección por coronavirus dun varón de 43 anos, que se atendeu con sintomatoloxía respiratoria no Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e do que se solicitou a proba de diagnóstico de COVID-19 ante a presenza dunha neumonía bilateral, seguindo os protocolos establecidos.

Trátase do terceiro caso por coronavirus en Galicia. O paciente permanece ingresado nunha habitación illada do hospital vigués en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Este varón ten vínculo epidemiolóxico coa paciente diagnosticada por coronavirus, tamén na área sanitaria de Vigo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.

Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto. En calquera caso, para
persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona
de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *