Moaña acolleu esta tarde unha concentración ás portas do Concello en repulsa ao asasinato machista ocorrido este luns en Lugo e que lle custou a vida a Cristina Cabo Luján. Dúas decenas de persoas acudiron á convocatoria, na que a alcaldesa, Leticia Santos, foi a encargada de ler o manifesto no que se pediron máis recursos para loitar contra esta lacra. «Temos dereito a ser libres, iguais e a estar no mundo sin pagar por isa liberdade», manifestaron.