O responsable da Xunta e as autoridades locais, xunto á presidenta de Fecimo, esta mañá na apertura de Bueu non Stock na edición de 2023.

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU) da comezo a montaxe desta feira de oportunidades que terá lugar a vindeira fin de semana coincidindo cos días 26, 27 e 28 de xullo no aparcamento de As Lagoas en Bueu

Un ano máis a Feira Bueu Non Stock abrirá as súas portas para ofrecer aos visitantes produtos con grandes descontos coa finalidade de dar saída ao stock de anos anteriores e deixar sitio nos seus almacéns para a nova tempada. Este evento estase a converter nun punto de encontro de grandes ofertas que o cliente está a
agardar con interés.

Instalaranse 23 jaimas individuais para dar cabida a unha ampla gama de produtos e sectores como moda, calzado, complementos, lencería, floristería, xoiería, descanso, perfumería, óptica, confección… a prezos de ganga.

Para premiar aos consumidores, terán lugar sorteos entre as compras realizadas nos días de celebración desta feira, e por outra banda, instalaranse inchables para o desfrute dos máis pequenos en horario de tarde-noite.

As empresas de proximidade participantes, na súa maioría da localidade de Bueu, aínda que tamén de Cangas e Moaña, serán: ALEALI ZAPATERÍA, ARTEGALIA, CHESTER, CINANIASHOP, COLORS, COUSIÑAS DE KELA, EL RINCÓN DE ARIA, ELI MIRANDA, FLORISTERÍA VERDE, JOYERÍA-PERFUMERÍA CASTRO, LA CAPELLANA, LENCERÍA IRELBA, LIRÓN STORE BUEU, LUMAR, MELENA DE LEÓN, MERCAROUPA, MODA INFANTIL VICKY, MUY MÍA, NENE ́S MODA INFANTIL, ÓPTICA BUEU, OSBS CLOTHING TWO, PEPELUCHOS e ZAPATERÍA TARABELA.

Será unha boa oportunidade para facerse con equipación de cara a volta o cole dos nenos e nenas, lucir novos modelos este verán, protexer a túa vista cunha gafas de sol ou decorar o teu fogar con vistosas plantas e outros artigos. Estas son algunhas das propostas que se poderan atopar visitando o recinto de carpas en horario de 10:30 h. a 14:00 h e de 18:00 h. a 22:00 h.

Este evento de impulso do comercio local organizado por ACIBU, está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, e conta coa colaboración do Concello de Bueu e ABANCA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *