O Concello de Bueu, a través da concellaría de benestar social e igualdade, organiza un
grupo de clases abertas de costura para todas as persoas que desexen participar,
aprender o oficio e pasar un momento agradable. As sesións desenvolveranse todos os
venres a partir do 6 de outubro entre as 16 e as 20 horas no Centro de Asociacionismo
(CDA), situado na rúa Eduardo Vincenti nº 2.
As persoas que desexen participar deberán inscribirse gratuitamente a través do correo
electrónico concello@concellodebueu.gal ou no teléfono 986390029 (ext. 2).