Unha moza sufriu un ataque de ansiedade e a outra se lanzou da moto en marcha ao ver que ían chocar
Segundo informan Protección Civil e Policía Local de Moaña, unha moza foi que ser atendida polos servizos de emerxencia por un ataque de ansiedade tras chocar dúas motos na Borna, en Moaña, nas inmediacións do estaleiro Cancelas.
Ao redor das 21:00 horas o 112 avisaba do incidente e ata o lugar trasladáronse Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, ademais dunha ambulancia do 061. O operativo permaneceu no lugar durante unha hora á espera de que outra moto transportase á muller ata o peirao para podela atender.
Explican que non houbo que lamentar máis danos xa que unha das pilotos, ao ver que ía chocar con outra, tirouse ao mar.
A presenza de embarcacións de recreo e de motos de auga na contorna desta praia é habitual nos días de bo tempo. Moitas delas con matrícula doutros puntos de España como Andalucía ou Madrid. Tamén é común que estas motos circulen polo mar a gran velocidade.