A Avenida de Ourense de Marín, á altura do número 50, amenceu convertida nun auténtico caos. Segundo a Policía Local, dous coches chocaron no cruzamento deste vial coa rúa Raimundo Vázquez e un deles acabou impactando con nove coches que estaban aparcados na marxe dereita da Avenida de Ourense.

Aínda que os axentes aseguran que se están investigando as causas e optan por non dar unha versión do ocorrido, testemuñas manifestan que un dos vehículos que circulaba desde Marín en dirección Pontevedra conducía a gran velocidade e topouse con outro vehículo que baixaba de Raimundo Vázquez e, ao non facer o stop, acabaron chocando e un deles saíu despedido ata impactar cos coches aparcados.

Aínda que os danos materiais son cuantiosos, sobre todo nalgúns dos vehículos, a Policía Local informa de que só se produciron danos persoais leves. Tamén puntualizan que as taxas de alcol recollidas son moi baixas.

O accidente ocorreu minutos antes das dúas do madrugada pero esta mañá os coches aínda permanecían no lugar á espera da inspección e de que os guindastres acudisen a recollelos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *