Reunión de traballo entre a concelleira e o xerente esta mañá no Concello.

Marín volverá a acoller a Feira de Oportunidades «Stock Marín» na súa segunda edición e farao, do mesmo xeito que o ano pasado, gardando todas as medidas de seguridade e respectando toda a normativa anticovid. Para iso, instalaranse carpas indivisuales de 5×5 e de 3×3 metros na Alameda e controlarase o aforo.

A Feira abrirá o 30 de xullo e permanecerá ao dispor do público ata o 1 de agosto en horario de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 18:00 a 23:00 horas polas tardes.

Así o acordaron a concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, e o xerente do Centro Comercial Aberto `Estrela de Marín´, Yonathan Carreira, que esta mañá reuníronse no Concello para continuar cos preparativos do evento.

Comercios participantes

Os establecementos de Marín terán preferencia á hora de solicitar a súa participación e cobrarase a cantidade de 60 euros por unha carpa de 3×3 metros e de 120 euros polas de 5×5 metros. Para inscribirse só teñen que poñerse en contacto co CCA Estrela de Marín, nos teléfono 986 89 11 12 – 690 86 89 28, ou achegarse ata a nosa sede social sita na Rúa Real nº10 baixo ou enviar un email a info@estrelademarin.gal.

O prazo para inscribirse no evento remata o 25 de xuño e a distribución do espazo entre os participantes farase no Concello por sorteo.

Plan de Reactivación Comercial do Concello

Esta acción inclúese dentro do Plan de Reactivación Comercial do Concello, que asume os custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento.

Nestes momentos que estamos vivindo, consideramos que esta fórmula comercial é a mellor maneira de que o comercio de proximidade lle poida dar saída aos stocks acumulados durante a pandemia e deste xeito xerar liquidez de xeito inmediato.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *