Adicam organiza para mañá ás 18:00 horas na súa sede de Cangas, a Casa dá Bóla, unha charla debate sobre Infeccións Urinarias. Unha cita na que intervirán especialistas médicos en Uroloxía, Xinecoloxía, Familia e Xeriatría e que estará dirixida polo urólogo Fernando Domínguez Freire.
Desde a asociación cualifican esta charla de «gran importancia polas grandes complicacións que as infeccións urinarias provocan nas mulleres».
Está aberta e dirixida a toda a poboación en xeral.