A sinal na leira no camiño de Couso.

Un sinal de prohibido aparcar está tirada nunha leira tras ser arrincada anos atrás

Todo segue igual no camiño de Couso. Os veciños que piden que se prohíba o aparcamento continúan demandándoo co apoio do portavoz de XM, Javier Carro, e desde o Concello, a través do concelleiro de Mobilidade, Rodrigo Currás, mantendo que a Policía Local seguirá multando a aqueles coches que non deixen o espazo suficiente para que poida pasar unha ambulancia. No seu defensa recorre ao Regulamento Xeral de Circulación no seu artigo 91 onde no seu primeiro apartado di que «a parada e o estacionamento deberán efectuarse de tal maneira que o vehículo non obstaculice a circulación nin constitúa un risco para o resto de usuarios da vía, coidado especialmente a colocación do vehículo e evitar que poida poñerse en funcionamento en ausencia do condutor».

E no medio deste conflito, casualmente, un sinal de prohibido aparcar tirada nunha leira da zona tras ser arrincada anos atrás cando o Concello colocouna ao comezo do vial, segundo a versión oficial, para evitar que os coches que acudisen a un despezamento próximo, explica Currás, puidesen obstaculizar o acceso ao camiño. Con todo, tanto Carro como veciños da contorna aseguran que ese sinal, que tiveron que poñer dúas veces porque a cortaban, estaba colocada, xunto a unha liña amarela, desde a primeira lexislatura BNG-PSdeG no camiño onde hoxe está o problema veciñal. «Para que imos poñer un sinal se a arrincan, para min está claro o que pon a Lei. Quen non cumple esto arriesgase a ser multado, haia liña amarela pintada ou non», insiste o edil, mentres que Carro culpabiliza da situación «a todo o goberno local». «Porque a Sra. Alcaldesa, despois de varias solicitudes desta familia solicitándolle unha reunión con ela derívalles ao Sr. Rodrigo Currás?», cuestiona. Preguntada a rexedora por esta cuestión, Leticia Santos asegura non ter constancia «de que solicitasen unha reunión expresamente con comigo» e explica que «todos os documentos que entran no Concello van dirixidos a Alcaldía e é no Rexistro donde se desvían ao departamento ao que corresponden e cónstame que o concelleiro de Mobilidade tense reunido coas persoas que o solicitaron neste asunto».

A terceira pata deste conflito veciñal son os veciños cuxos coches están aparcados no vial onde nun comunicado aseguran que «cada persoa fala desde a súa perspectiva» en relación ás fotografías que os partidarios de prohibir o estacionamento mostran para evidenciar a falta de espazo para que pase a ambulancia.

Imáxenes que envían os partidarios de continuar estacionando no vial.

«Unha mesma foto, dous coches aparcados nun mesmo sitio, e como pode cambiar o espazo entre eles segundo o punto desde o que estea tomada a fotografía», expresan asegurando que se «manipularon» as imaxes ao tomalas desde unha perspectiva para que parecese que non collía outro vehículo.

«Atacáronnos, á maior parte dos veciños deste camiño, publicando noticias nas que nos tachan de manipuladores por enviar vídeos REAIS cos que demostramos que unha ambulancia pasa perfectamente entre os coches, chegáronnos a dicir que chamamos a posta á ambulancia sen haber emerxencia ningunha, que puxemos os coches de forma estratéxica para que esta puidese pasar. Paréceme incrible ata onde pode chegar o ser humano por non saber defenderse», afirman no seu comunicado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *