A noite de San Xoán en Cangas volverá este ano, por segundo consecutivo, a non ter fogueiras nas praias. O Concello non o permite por mor da pandemia e pola imposibilidade de poder controlar os aforos nos areais e zonas públicas. Pola contra, si se poderán organizar lumes en terreos privados aínda que deberán ser comunicadas previamente ao consistorio. Para iso, os responsables deben de presentar cuberto no rexistro o formulario que estará ao dispor dos interesados na web municipal ou no propio Concello.

Os representantes das solicitudes teñen a responsabilidade de que nesa fogueira cúmprase coa normativa vixente e respéctense as normas de seguridade e prevención precisas para evitar accidentes. Así, estará prohibido realizar lume sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos ou telefónicos.

As fogueiras deberán gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas ou edificios; non poderán ter unha altura superior a 14 metros ou 6 de diámetro; só se poderá queimar madeira; non se autoriza o uso de aerosois, aceites ou líquidos combustibles ou explosivos; as persoas organizadoras deben coñecer os teléfonos de contacto en caso de accidente (112); deberán contar con medios de extinción que permitan apagar o lume de producirse algunha incidencia e responsabilizaranse do cumprimento da normativa específica do Covid-19.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí