A alcaldesa, Victoria Portas, solicita unha subvención á Deputación de 69.919 euros para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural

O goberno de Cangas restaurará oito lavadoiros-fontes situados en diferentes parroquias do municipio que se encontran en diferente estado de conservación pero que teñen en común seguir a ser utilizados polos veciños e veciñas da contorna para tarefas de lavado e limpeza de prendas o que contribúe a que a estrutura se manteña en pe e en boas condicións.

Para levar a cabo a reparación integral das oito fontes-lavadoiro o goberno local de Cangas solicita á Deputación de Ponteveddra unha subvención de 69.919,66 euros na liña destinada a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural e comprométese a cubrir con fondos propios a cantidade que non sexa subvencionada.

Os lavadoiros obxecto desta intervención son os da Besada e o de San Cibrán, en Aldán; o de Seixo e o da Magdalena, en Darbo; o de Gondaran e o do Pozo en Cangas e o de Misarela e o de Rodal en Hío. En todos os traballos comezarán coa limpeza dos elementos que conforman o conxunto.

O estado dos oito é diferente: Algúns precisan a retirada do amianto da súa cuberta, dous deles a substitución da tella, outros dous precisan da colocación de tellado o carecer del, e un deles debe ser montado de novo. En xeral todos precisan de limpeza dos lodos, eliminación de vexetación e retirada de terras de escorentía, un chorreo suave con auga xabonosa e o encintado das pilas baleiras.

A fonte lavadoiro da Misarela, Vilanova, presentaba unha cuberta con placa de formigón que caeu polo seu mal estado de conservación. Precisa de limpeza das zonas de lavado e proxectase unha cuberta a unha sola auga en madeira e tella, sobre columnas de pedra.

A fonte lavadoiro do Rodal ten mal acceso, por un carreiro, e está situado na zona do igresario de Hío. Ten unha cuberta de placas de uralita con amianto e sobre pilares de formigón. A pila ten duas divisions en pedra.

A fonte lavadoiro de Besada atópase na rúa as Pardellas, na beira do río Orxas. Ten acceso rodado e salvo o tellado presenta un bo estado de conservación. Esta debaixo dunha arbóreda o que lle provoca roturas na cuberta por caída de ramas. Precisa de limpeza do lavadoiro e eliminación dos grafitis. A cuberta require un cambio de tella e reposición dalgunha peza de remate de madeira.

A fonte lavadoiro de San Cibrán, salvo o tellado, presenta un bo estado de conservación, igual que o de Besada. Precisa de limpeza do lavadoiro. A estructura atopase en bo estado , pero os faldóns, tella e cumbrera están mais deterioradas, polo que se plantexa o cambio de tella por unhas de iguais.

A fonte lavadoiro do Seixo en Darbo é dos mellor conservados pero ten cuberta de placas onduladas de uralita con amianto, sobre estrutura de viguetas prefabricadas de formigón, polo que se plantexa a substitución das mismas por unha estrutura de cercha de madeira , con puntóns e ripias de madeira sobre a que se colocara a tella.

A fonte lavadoiro da Magdalena en Darbo tamén está moi cuidado pero presenta unha cuberta en placa de formigón con grietas e con perigo de derrube posiblemente polos materiais empregados na súa construción.Sustituirase por unha de estructura demadeira e tella como material de cubrición. Precisa tamén a reparación da pila que perde auga por algunha pedra.

A fonte lavadoiro do Pozo en Coiro presenta unha cuberta en placas onduladas con amianto. Sustituirase por unha de estructura de madeira e tella como material de cubrición. Precisa de reparación da pila que perde auga.

O lavadoiro de Gondarán atopase próximo o corredor do Morrazo na rúa da
Canexa, e aproveita augas do Rego Saiñas. Atopase desmontado totalmente e no seu sitio solo permanece a base do fondo do pozo, polo que despois de moitos anos procederase á recuperación do mesmo para o disfrute dos veciños que levan tempo pedindo a súa montaxe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *