O Concello de Cangas podería quedarse sen os 800.000 euros que lle corresponden do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra porque os concelleiros do PSdeG e do PP votaron a favor dunha moción que o propio grupo municipal popular introduciu por urxencia na sesión plenaria ordinaria desta serán e cuxo debate saíu adiante tamén pola unión PP-PSdeG.
Aínda que foi un pleno longo (máis de 4 horas) e bronco, foi este último punto o que estivo cargado de máis acusacións cruzadas entre o goberno local e os dous partidos da oposición. A alcaldesa reprochou aos populares que non asistisen ás cinco reunións que se convocaron para pactar os proxectos que presentarían no Plan Concellos e garantir que Cangas recibiría os 800.000 euros e que, con todo, hoxe trouxesen ao pleno esta moción por urxencia cun paquete de propostas alternativo. Pola súa banda, o portavoz socialista Eugenio González, que tampouco participou, defendeuse alegando que non coñecía os proxectos do goberno local porque este non llos enviou a través da plataforma Gestiona.
BNG e Avante! votaron en contra da urxencia da moción do PP e tamén rexeitaron o seu contido co voto negativo ao peche do debate.
Ainda que Portas aludiu a responsabilidade de grupos, finalmente o apoio dos catro concelleiros socialistas ao PP provocou a posible perda dos 800.000 euros para Cangas.
O prazo para presentar a documentación ante a Deputación de Pontevedra termina o próximo 28 de febreiro polo que resultaría prácticamente imposible que volvese ao pleno e que este lle dese o visto e bo. Ainda así, e segundo se manifestou durante o debate do pleno, durante la mañana a rexidora, consciente do plan de PP e PSdeG de desgastar ao goberno, celebrou unha xunta de goberno por urxencia coa intención de salvar o Plan Concellos. «A única vez que o Plan Concellos viño ao pleno foi en 2021», recordou Portas. Unha estratexia que molestou a estes dous grupos municipais.