Unha das actividades polo 25N no 2021.

O Concello de Cangas, a través da Concellería de Servizos sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade, organiza un obradoiro de “Violencia de xénero e o novo contexto dixital» concedido ao Concello de Cangas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da
Secretaría Xeral de Igualdade a Xunta de Galicia no marco do Acordo de colaboración entre a Secretaría e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

Este Obradoiro está centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital (ciberviolencia de xénero, grooming, sexting…). Será impartido por Pantallas Amigas ao alumnado de secundaria no Ies María Soliño.

O obradoiro desenvolverase o mércores 21 de decembro de 8:30 a 10:30.
https://www.pantallasamigas.net/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *