O Concello de Cangas acometerá en breve a mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas na rúa Félix Ozámiz en O Forte. Financiará esta obra, que ten un custe total de 41.889 euros, co remanente a favor de Cangas do proxecto de pavimentación de vieiros 2020 do Plan Concellos. A Deputación de Pontevedra xanotificou ao Concello a súa conformidade para que os 40.093,96 euros de remanente sexan destinados a esta obra e os 1.796,89 eurosrestantes os asuma a administración local.
A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, confía en axilizar a licitación destes traballos para que canto antes as persoas con discapacidadepoidan acceder á praia de Rodeira sen barreiras e con todas as facilidades posibles, completando así os servizos que o Concello xa ten a disposición deste colectivo, con persoal específico de atención napraia e elementos adaptados para que poidan gozar dun baño no mar.
O proxecto que se executará contempla a demolición do pavimento actual deformigón no acceso desde a Avenida de Ourense e o levantado do adoquín do paso de peóns de acceso o paseo marítimo por medio da aparcadoiro. Colocaransebordillos de formigónseguindo a liña de beirarrúa dos últimos edificios da avenida Félix Ozámize extenderase un pavimento depedra granítica para coa Avenida de Ourense.
Para Victoria Portas esta obra, nun tramo de 170 metros, suporá unha mellora cualitativa para as persoas que utilicen unhacadeira de rodas ou as sillas ou coches dos bebés. “O adoquinado actual supón un escollo que en moitos casos non podían superar. Así nolo trasladaron os afectados e demos traslado das súaspropostas a este proxecto importante para a seguridade e para garantir a inclusión de todos e todas no casco urbán”, apunta a alcaldesa de Cangas.