Cangas está a renovar os seus contenedores de lixo tras realizar a Mancomunidade un detallado estudo de diagnose que permitiu a elaboración dunha ampla listaxe que recolle a xeolocalización dos máis deteriorados.
O traslado dos vellos contenedores á planta da Mancomunidade e a súa sustitución por outros novos comezou xa nos últimos días, sustituíndose polo momento un total de 43 contenedores, situados a meirande parte deles no casco urbano de Cangas ainda que tamén foron renovados depósitos de lixo orgánico nos lugares de San Cibrán, Gandón, Espiñeira, Nerga, Magdalena, Igrexario e na PO-551 e PO-315.
A Mancomunidade, da que Cangas forma parte, adquiriu recentemente un total de 250 contenedores de carga traseira de 800 litros de capacidade dos que ainda restan por colocar 120, que se irán sustituíndo de xeito progresivo.
Cangas está a realizar unha campaña de renovación destes elementos de recollida de lixo que levaban anos sen reposición e que provocaban unha imaxe inapropiada.
A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, revisou estes días o
estado dos contenedores de carga lateral situados sobre todo no casco urbano do
municipio xa que algúns deles presentan danos e incluso un deterioro avanzado.