Oficina de Turismo da estación de autobuses de Cangas.

A falta que que o próximo pleno dea o visto bo, Cangas puxo onte en marcha a Mesa de Turismo. Un organismo que permitirá traballar desde o Concello e da man tódolos sectores que compoñen o tecido turístico do municipio para definir as grandes liñas de actuación en materia turística local de fronte ao futuro. A intención é que esta Mesa propicie un diálogo plural dos sectores implicados para así poder ofrecer ás xeracións próximas un marco suficiente para un desenvolvemento sostible da actividade turística e, ao mesmo tempo, favorecer a súa calidade e posicionamento.

«É preciso por en marcha medios necesarios para canalizar esta corrente de maneira sostible, establecendo as necesidades e carencias existentes no municipio e incrementando, mellorando e fortalecendo tanto infraestructuras coma oferta turística local», indican desde a concellería de Turismo que dirixe Aurora Prieto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *