O salón de plenos do Concello de Cangas do Morrazo acollerá este domingo, 17 de maio, ás 12.00 horas, un recital poético organizado pola Xeración do Sentir e o Ateneo Areas Gordas, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.
O acto servirá para render homenaxe á lingua e á cultura galega nun ano no que a festividade está dedicada á escritora e xornalista Begoña Caamaño, figura destacada da literatura galega contemporánea.
Durante o recital, diferentes poetas da contorna, xunto con algún convidado foráneo, compartirán co público versos de creación propia nun encontro literario aberto á emoción, á palabra e á celebración da poesía galega.
A organización anima á veciñanza a asistir a esta cita cultural, que converterá o salón de plenos nun espazo de encontro para a literatura e a expresión poética.
