Terrazas de Cangas.

O permiso é válido independentemente de se os locais teñen licenza ou non de restaurante

O Comité Clínico da Xunta decidiu rebaixar o nivel de restricións en Cangas e situar ao municipio baixo a cor laranxa. Ata o de agora, e tras o brote que afectou ao conserveira Lago Paganini, a localidade rexíase polas normas do nivel alto pero desde as 00:00 horas do próximo sábado suavizaranse ata o nivel medio. Iso significa, fundamentalmente, que a hostalería poderá volver abrir ao 30 por cento o interior dos establecementos, ata o de agora pechados, e ao 50 por cento as terrazas.

Para a alcaldesa e concelleira de Sanidade, Victoria Portas, esta rebaixa e una «moi boa nova» e agradece o «esforzo» e «compromiso» de todolos veciños de Cangas na «mellora dos contaxios na localidade» que permite aos expertos a toma desta decisión. Ainda así, Portas segue pedindo «cautela porque o virus segue na rúa axexando e non podemos permitirnos retornar ao nivel alto».

Ademais, de en Cangas o nivel medio de restricións estará nos concellos morracenses de Moaña y Bueu. A eles súmanse o de Boborás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e
Cervo.

O nivel alto de restricións para Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros. O concello de Lobiós e o único en alerta máxima.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Ceas ata a unha da madrugada

O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 22 de maio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *