A Concellería de Servizos Sociais, Feminismo, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas , abre un periodo de preinscrición dende o martes 1 ao xoves 10 de febreiro (ambos inclusive) para anotarse nos obradoiros de lecer para persoas maiores en horario de 9:30-13:00 horas. O inicio dos obradoiros será en marzo cunha duración de tres meses.
Os obradoiros ofertados son ximnasia en Romagio, Coiro e Aldán e Técnicas de Relaxación e Memoria en Cangas.
As persoas interesad@s deben dirixirse ao Centro Sociocomunitario (ao lado do Concello) ou chamar por teléfono ao número 986303766. Son requisitos imprescindibles para apuntarse estar empadroado/a no Concello de Cangas, ter mais de 55 anos, acreditar ser pensionista ou carecer de rendas, a excepción do subsidio de desemprego (e non ter traballado nos últimos 12 meses).
O Concello de Cangas pretende enfocar esto obradoiros dirixidos a persoas maiores, cunha dobre función social: educativa e lúdica.
Nos próximos días abrirase o prazo para inscribirse noutros obradoiros en diferentes parroquias de Cangas.