Macenlle durante a campaña electoral acompañado do seu equipo e de Regades.

«Ante o resultado das pasadas eleccións municipais, moi lonxe dos obxectivos
marcados, fago saber que pretendo presentar a miña renuncia á acta de concelleiro e non tomar posesión do cargo». Así empeza o escrito que o que ata o pasado domingo era o candidato á alcaldía de Bueu polo PSdeG, Camilo Macenlle, e que nas últimas horas enviou aos medios de comunicación anunciando que non tomaría posesión da súa acta de concelleiro na corporación.

Asegura que «para a miña forma de entender a política, as propostas presentadas eran as máis innovadoras, as máis realistas e as máis útiles para o futuro de Bueu. É evidente que a cidadanía non o entendeu así e non tiveron a acollida que esperabamos. Para min a política é unha actividade que ten que estar en consonancia e perfectamente aliñada coas demandas da xente e cando iso non ocorre e a distancia é demasiado ampla, debe aceptarse a realidade. É o momento de dar paso a novas persoas, a novas propostas e de facilitar o deseño dun novo proxecto para o futuro».

Macenlle xa puso en coñecemento da secretaria xeral do partido a súa decisión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *