As nenos saharauís chegados estes días á comarca do Morrazo e as súas familias de acollida foron recibidos esta mañá polo goberno local de Moaña. A alcaldesa, Leticia Santos, e edís do executivo local fixéronlles entrega dunhas mochilas cargadas de material escolar e un pequeno muíño de vento a pedimento da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, entidade encargada do programa «Vacacións en Paz».
Precisamente foi Rosa García, moañesa e nai de acollida, a que pediu axuda aos medios de comunicación presentes neste acto para que poidan atopar unha familia de acollida para un menor de 8 anos que chegará a Vigo o vindeiro luns. É o máis pequeno dos 9 que aterrarán a semana que vén e o único que aínda non ten un fogar.
Estes 9 nenos e nenas saharauís súmanse aos 7 que hoxe visitaron o Concello de Moaña xunto ás súas familias de verán.