As persoas ou colectivos interesados poderán presentar a solicitude antes do 12 de xuño

O Concello de Bueu abre o prazo para solicitar fogueiras para as noites de San Xoán (24
de xuño) e San Pedro (29 de xuño). Así, e tal e como se recolle no Bando da Alcaldía publicado na web municipal, as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude dispoñible na web municipal antes do 12 de xuño.

As cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no Bando da Alcaldía, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberán superar en ningún caso os 3 metros de alto. Tal e como se explicita no bando, só serán susceptibles de autorización as solicitudes sobre terreos ou espazos públicos onde non resulten expresamente prohibidas polas ordenanzas municipais, ou ben en terreos privados.

Tanto o Bando da Alcaldía como a solicitude están dispoñibles na web municipal: www.concellodebueu.gal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *