Alternativa dos Veciños (AV) reclama al tripartito BNG-PSdeG-IU tomar as «medidas legais e ou administrativas reglamentarias para garantir o remate inmediato do proxecto da Subconca de Aldán, e a execución do proxecto de abastecemento da Chamiceira e e proxecto de abastecemento de A Rosada-Muiño de Fausto coa maior celeridade posible e cun prazo de execucion que non exceda do 2023». O obxectivo de ir disminuindo os verquidos nas rías e por outra banda dotar a veciñanza dun suministro básico.
AV explica que o proxecto da Subconca de Aldán foi aprobado en decembro do 2019 por 1.5 millóns e que se comezou a súa execución a principios do 2022 , dando luz verde a mellora da calidade medioambiental, o proxecto conseguiría evitar a sobrecarga na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas xa que contaba con separativa das pluvais de Vilariño, Liméns, Vilanova e O Hío, e a mellora no sistema de bombeos xa que se construiría un novo pozo de bombeo que substituirá o existente con un sistema de telecontrol na EBAR de Vilanova, e nos bombeos de Vilariño e Liméns, onde se instalaría un areeiro. A reforma da rede da zona e destes bombeos minimizarian as infiltracións das augas subterráneas nos pozos de bombeo, que causan o exceso de caudal que provocan os alivios á Ría de Aldán.
No ano 2022 aprobaronse dous proxectos de abastecemento, un a mellora do servizo de abastecemento de auga nas zonas altas da Chamiceira por importe duns 20.000 € obra imprescindible para mellorar o servizo de abastecemento nesta zona, xa que debido á súa proximidade ó depósito de Nerga e á reducida presión na rede a poboación deste entorno padece problemas no subministro. E o outro o Abastecemento A Rosada Muiño de Fausto por importe de 98.000 € para dar servizo ao núcleo de vivendas situadas nese entorno que ata agora carecen de ese suministro básico.
Todas elas, manifestan, «obras necesarias para a mellora da calidade medioambiental da nosa contorna, como imprescindibles para o día a día da nosa veciñanza, e que a UTE Xestión Cangas non comezou a día de hoxe, e no caso da Subconca de Aldán en todo caso non rematada cando xa transcurriu o plazo de 4 anos desde a súa aprobación».