Alternativa dos Veciños acusa o goberno local de tratar de vender como propios proxectos que corresponden «ao modelo de vila que Alternativa deseñase para Cangas» no mandato anterior de Victoria Portas. Faio en referencia os anuncio realizado pola alcaldesa accidental, Iria Malvido, semanas atrás nos que avanzaba as reformas da Rúa Estrela e da contorna da Avda. de Marín. Uns proxectos que xa teñen concedidas as subvencións da Deputación (Rede Ágora) que foron solicitadas por Portas en decembro de 2022 e xaneiro de 2023. Estas axudas, informa e lembra AV, foron aprobadas o pasado 29 de decembro a pesar de que «Malvido ocúlteo ou o ignore». «É evidente que o Goberno actual é incapaz de explicar que significan estas pezas do púzzle dentro dun proxecto de vila xa que non é ou seu proxecto», sentencian para manifestar ou seu «orgullo» ao coñecer que o traballo da anterior alcaldía deu os seus froitos económicos logrando as subvencións que permitirán a «recuperación de espazos públicos».
«Apostamos claramente por desenvolver dous puntos neurálxicos para o noso comercio local, o primeiro Vicenti e Montero Rios que xa conta con unha subvención de 1.3 millóns de euros para o seu desenvolvemento e o outro espazo que considerabamos que tiñamos que potenciarse para o comercio local atópase na Avenida de Marín e os seus arredores, no mesmo o fundamental é a accesibilidade universal e a mobilidade en todos os seus aspectos, e así potenciar dita zona para que as e o os novos emprendedores poidan ter como lugar de interés ubicar nesas rúas os seus negocios», manifestan. Para elo, din, presentaron tres proxecto a línea de subvención da Rede Ágora da Deputación, que alcanzaría a modificación das Rúas Ferrol, Gondomar, Baiona e Antonio Soage Jalda. «Unhas subvencións realizadas entre novembro do 2022 e xaneiro do 2023, como se pode comprobar nos medios de comunicación de ditas datas», manifestan dende AV.
A Deputación acaba de conceder ditas subvencións, solicitadas no Goberno de Victoria Portas «o que fai que o Proxecto de Vila conceptuado por Alternativa sigue adiante incluindo tamén proxectos como a Rúa Estrela cuia redacción de proxecto se comezou no mandato de Alternativa e sempre coa premisa de coidado e protección patrimonial da nosa vila».
Lembran tamén que estas subvencións puideron ser solicitadas «grazas ao traballo de equipo realizado para remitir ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral en tempo e prazo, e que o Goberno actual non podrá solicitar no 2024 xa que non presentaron a conta xeral en tempo e prazo, o que fai a perda de importantes subvencións para o noso concello e proxectos que darían unha volta moi interesante as infraestructuras municipais».
A AV parécelle «moralmente reprobable» que o goberno actual «presuma de proxectos, financiamento e subvencións que non correponden ao seu mandato nen o seu traballo». «E máis, tras seis meses de goberno nos gustaría coñecer cal é o seu proxecto de vila, cal é a subvención, proxecto ou obra realizada co seu traballo, pois o descoñecemos todo o pobo», concluen.