A sede de Adicam en Cangas acollerá desde este venres ás 19:30 horas a exposición de Galia Blanco, unha artista afincada en Poio.
Desde que comezou a expor as súas pinturas a finais dos anos 80, Galia Blanco ten realizado numerosas exposicións individuais e colectivas a nivel nacional e internacional. Xornalista e pintora, a artista compostelana compaxinou a arte e a comunicación ao longo da súa carreira e considera que a cultura é o que nos diferencia dos demáis seres do planeta: “a arte, e a cultura en xeral, son a esencia da humanidade”, afirma.
Na súa exposición de Adicam, en Cangas, amosa arredor dunha vintena de pezas das series “Eternas” e “Harmonía”. “Dalgún xeito, as dúas series representan anhelos utópicos nas nosas vidas que parecen ser máis veloces e caóticas cada vez”, sinala Galia Blanco.
A eternidade aparece representada na exposición a través de pinturas de rostros de mulleres que acadaron un recoñecemento importante nas súas vidas, aínda que non sempre foron admiradas polas súas cualidades ou hazañas máis relevantes. A busca de harmonía amósase mediante un conxunto de cores que se funden creando variacións sobre un mismo tema ao estilo da música clásica. Son cores ledas, neóns, pasteis, irisadas… “que xeneran, cando menos en min, unha sensación de calma, positividade e diversión”, afirma a artista.
O evento estará amenizado polos alumnos da Escola municipal de Música de Cangas.