O vehículo tras o atropelo ás mulleres esta mañá.

O descoido dun condutor que circulaba este mediodía pola rúa Concepción Areal de Moaña en dirección a O Con, á altura do número 226, saldouse con dúas mulleres atropeladas no paso de peóns situado fronte á rampla da Ramona ao non decatarse de que ían cruzar. Segundo a Policía Local, ambas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao hospital, en principio sen gravidade, posto que ían conscientes.

Unha das feridas, de 58 anos, é veciña de Moaña e a outra, de 72 anos, reside noutro municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *