Hai apenas uns minutos apareceu en bo estado o veciño de Marín de 80 anos, Cholo Iglesias, que faltaba da súa casa desde onte. Segundo veciños que participaban na batida desta tarde, atopárono con mazaduras e desorientado pero con bo estado de saúde pola zona por onde se lle perdeu a pista.
Tal e como indican fontes do corpo de seguridade local, foron dous rapaces de entre 14 e 16 anos quenes deron co veciño, nunha pista forestal na contorna do Carballal, á que accederon en bicicleta, e que se atopa a cerca dun quilómetro da vivenda de Iglesias. Atopándose alí, comezaron a falar e a chamar polo veciño, que finalmente respondeu cando escoitou as voces dos rapaces.
Iglesias mostraba signos de evidente desorientación e de desaliña na súa roupa, que estaba mollada, e non tiña zapatillas. Despois de notificar á familia a aparición de Cholo, este foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Montecelo.
No dispositivo de búsqueda coordinado pola Policía Local participaron cerca de 400 veciños, que peinaron de xeito coordinado sete áreas delimitadas polas que había maiores posibilidades de atopar a Cholo. En cada unha desas áreas, había un axente da Policía Local ou da Nacional, tres persoas de Protección Civil e un grupo de entre 25 e 50 voluntarios.
Tal e como explicou a Policía Local, ao final non foi necesaria a actuación do servizo de cabalería da Policía Nacional nin o de dron da Axega.
A alcaldesa, María Ramallo, que tamén se trasladou ata a batida acompañada de varios membros do Goberno local, mostrou o seu agradecemento a toda a veciñanza que participo una batida e trasladoulle á familia de Cholo todo o seu apoio e o seu ánimo despois de vivir unha situación tan angustiosa que, afortunadamente, rematou da mellor maneira posible.