Camiño do Paraíso, en Couso, xa asfaltado.

Nas últimas semanas o Concello de Moaña executou as obras de mellora de dous camiños na parroquia de Meira, priorizados no Consello Veciñal de Meira a proposta da Asociación de Veciños NovaMeira.

Trátase do Camiño do Paraiso en Couso, de 300 m2, e o vial que une a zona da Moureira con Caiagua nun tramo de 330 m2.

O importe total da obra foi de 15.563,63 euros e financiouse co fondos propios do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *