O concelleiro Daniel Costas, mostrando a plataforma.

Hoxe ás 18:30 horas, asemblea aberta para explicar o programa «Aprender en Igualdade» na Casa da Mocidade de Moaña. Nesta asemblea mozas e mozos xunto con familias poderán asistir a esta presentación na que se explicará a metodoloxía de traballo e as inquedanzas que se pretenden traballar de forma quincenal para adolescentes e mocidade.

Desta volta, o colectivo Facer visible o invisible quere traballar a saúde mental e emocinal dunha forma clara, polo que colaborarán no aporte e coordinación deste programa. Explicarán tamén o traballo e metodoloxía das familias que queiran participar na que tamén poderán traballar de forma coordenada.

Para os mais cativos o Programa comezará na Ludoteca de Moaña como xa se viña traballando no programa Sentir e pensar e comezará o 15 de marzo.

O programa aprender en igualdade é unha iniciativa da concellaría de Benestar Social e da de Igualdade coordenadas por María Ortega e X. Daniel Costas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *