Viviendas de Nazaret.

Esta é unha loita que mantén a Alcaldesa Victoria Portas desde que entrou na corporación en xuño do 2019, como Concelleira de Servizos Sociais

O Pleno do Concello de Cangas aprovou por unanimidade a proposta de Alcaldía da desafectación de 6 vivendas de Nazaret e o compromiso de seguir loitando pola desafectación das restantes e das existentes en Aldán-Espiñeira. Esta é unha loita que mantén a Alcaldesa Victoria Portas desde que entrou na corporación en xuño do 2019, como Concelleira de Servizos Sociais.

A falta de acceso a unha vivenda digna é un dos grandes problemas sociais do concello de Cangas e da maioría dos dos Concellos de Galicia. A imposibilidade de acceder a unha vivenda axeitada e accesible económicamente impiden loitar contra a pobreza en Galicia.

«Desde o Concello queremos aportar o noso gran de area pondo a disposición vivenda social e vivenda de uso temporal (estamos a falar entre 8-9 vivendas) para poder paliar dita situación na nosa contorna, pero para que este proxecto sexa unha realidade ainda nos queda moito camiño, para o cal pedimos a Xunta de Galicia un aumento dos seus orzamentos e axudas en coordinación co Concello para rehabilitación e posta a disposición de ditas vivendas o antes posible, os fondos NextGenerationUE serían a solución perfecta para este proxecto. Os Concellos solos non podemos facelo», explicou a rexidora.

Aínda con dificultades, a corporación no día de onte demostrou a súa implicación con esta proposta e «seguiremos xuntos camiñando ata a súa consecución», remarcou Portas.

Xa se levaba tempo traballando nun borrador de Regulamento de usos de ditas
vivendas, coa implicación non sólo dos servizos sociais do Concello senón tamén con colectivos implicado na loita contra a pobreza como OsNinguéns e a RedeGalegaContraAPobreza, neste intre o borrador atópase nas mans da corporación municipal para que teñan un tempo para traballar sobre dito documento. En un corto período de tempo terá lugar unha reunión para novas aportacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *