Aqueles que aínda non puidesen ‘descubrir Moaña’ ou que se quedaron con ganas de máis poden facelo desde o vindeiro sábado 30 de setembro. Os roteiros guiados de balde continúan durante o outono. A primeira será o último sábado deste mes a partir das 10:30 horas pola Intermareal de Tirán.
Xa en outubro chegará o percorrido pola Torre de Meira o día 7 á mesma hora. O domingo 22 tocaralle a quenda á Poza da Moura de Domaio ás 10:00 horas, o sábado 28 polas Canteiras do Litoral de Moaña e para pechar o mes o domingo 29 será o roteiro literario ‘O Último Barco’, baseada no libro do falecido Domingo Villar.
Novembro tamén está xa completo. o sábado 11 a protagonista será a parroquia de San Martiño, o 19 o público poderá escoitar a ‘Historia das Rúas de Moaña’ e xa o domingo 26 as ‘Mulleres dá Historia de Moaña’ acapararán toda a atención.
Aínda que os roteiros son de balde, se necesita inscrición previa a través do teléfono 611080853 ou en www.ailladosratos.org.