O Paseo do Salgueirón valado polas obras.

O Porto de Vigo, que empezou as obras de reparación do deteriorado Paseo do Salgueirón, en Cangas, prevé que esten totalmente terminadas en dous meses. Acaban de empezar cos traballos de valado e de reforma, polo que se estima que a contorna de Massó luza nova cara en torno ao mes de agosto.

Os traballos consisten na reposición de muros de dique e camiños de jabre-cemento naqueles puntos altamente deteriorados, roza das zonas verdes, con escarificado e resiembra das mesmas, revisión do estado do mobiliario urbano (varandas, papeleiras, fontes e farois) e reposición daqueles elementos que sexan necesarios.

Unha vez culmine a reforma, o Porto ten previsto reclamarlle o custo ao Concello de Cangas tras non chegar a un acordo previamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *