A alcaldesa, María Ramallo, xunto cos concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, presentaron esta mañá as Festas de Cantodarea que organiza o Concello, para manter viva esta tradición festeira da nosa vila co gaio do Día de San Xosé Obreiro.
Fixéronno acompañados da Asociación de Veciños da zona, presentando unha programación de actividades que irá do 30 de abril ao 1 de maio.
30 de abril, domingo
20:00h. Pasarrúas da Charanga Jalácticos
20:00h. Pasarrúas da Batucada Axé Bahía
22:00h. Orquesta MAGOS na Praza do Regueiro
1 de maio, luns
11:00h. Pasarrúas Airiños de San Xulián
12:00h. Fogos
12:00h. Misa San Xosé de Cantodarea
13:00h. Baile e Pasarrúas Trompos Os Pés
18:00h. Pasarrúas Pousos de Area
19:00h. Procesión San Xosé de Cantodarea, acompañada da Banda de Música da Brilat.
Dende o Concello de Marín agradecen á Asociación Amijos e Vesiños de Cantodarea todo o traballo de organización realizado ata o momento na nosa vila para sacar adiante estas festas e espera que para o ano que vén poidan volver artellar a comisión de festas coa que tanto axudan á dinamización da parroquia.