A Concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Yonathan Carreira, celebraron esta mañá o sorteo da distribución dos espazos da VI Edición de “Stock Marín”. A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda,
instalándose 22 carpas individuais: 19 de 55m e 3 de 33m.
Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos «extraordinarios» (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar e xoguetería. O horario do evento, previsto do 2 ao 4 de agosto, será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será gratuíta. Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do retraemento do consumo.
Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un regalo promocional, consistente nun parasol, que se serigrafía cos logos da Xunta de Galicia, de Comercio do Morrazo e do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e de bolsas reutilizables. Os clientes deberán mostrar no stand de Estrela de Marín, o seu xustificante de compra.
Os establecementos participantes, todos eles de Marín, son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Calzados Inés Marcos, Carmencitas, Ché-B-re Delirious?, Deportes Xesta, El Armario de Alia, El Rincón de Nicky Complementos, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés & Marcos, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica.
Dende Estrela de Marín agradecen «a predisposición do Concello a colaborar con esta VI Edición de Stock Marín, xa que asume parte dos custos da montaxe e dos custos do control e vixianza do evento». O evento ademáis, conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.