A carpa abarrotada coa actuación de Treixadura.

O xornalista Oswaldo García reivindica no seu pregón a Denominación de Orixe para os viños elaborados na IXP Ribeiras do Morrazo

A XI Festa do Viño de Vilaboa recuperou este ano a figura do progoeiro, que na pasada edición cedeu o seu protagonismo a un acto de homenaxe ao alcalde e tenente alcalde promotores deste evento (Luis Poceiro e Xabier Míguez). Este ano foi o reporteiro de Radio Pontevedra e veciño de A Cardiña, Oswaldo García quen se encargou de pór en valor a calidade dos viños elaborados na IXP Ribeiras do Morrazo. E recoñeceu saber moito das diferentes fases do proceso productivo que conclúe coa produción embotellada e catada nos diferentes furanchos do municipio; aos que tamén se referiu lugares de encontro de referencia social e nos que os temas de debate acostuman a xirar en torno á calidade ca colleita, ás mans de sulfato dadas ou ás
dificultades da vendima. Un pregón que rematou co desexo ao sector de conseguir a ansiada Denominación de Orixe para estes viños.

A lectura do pregón tivo lugar trala entrega dos premios e recoñecementos a adegueiros e viticultores recoñecidos na cata da IXP Ribeiras do Morrazo celebrada no contexto da Festa do Viño, un acto presentado pola concelleira de Dinamización Económica, Carmen Gallego e na que o alcalde, César Poza estivo acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e pola concelleira de Servizos Sociais, María Canosa.

Recolleron a súa distinción as adegas Os Areeiros e Ardán, que compartiron tres ouros na categoría brancos polos seus viños “Areeiros”, “Tres hermanos” e “Praia do Santo”; mentras que en tintos adega Os Areeiros fíxose co ouro e a prata recaiu no viño Porta do Conde da adega Ardán.

En canto aos colleiteiros, na categoría dos tintos, o Primeiro Mellor Viño tinto foi para Martín Torres González “Casa Cañoteira”; o Segundo para Furancho Antonio e o Terceiro para Furancho de Jorge mentras que nos brancos o Primeiro foi para Nilda Alvariña, o segundo para Furancho Antonio e o terceiro para Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”.

César Poza, pola súa parte, destacou a consolidación da Festa do Viño, a boa participación do sector pero sobre todo o ambiente agradable e familiar que se rexistrou durante estes dous días en Riomaior, convertindo o evento nunhas xornadas de confraternidade.

A Escola da Banda de Música de Vilaboa tomou esta mañán o relevo musical ao concerto de Treixadura, que durante a noite do sábado abarrotou o recinto de Riomaior, no que arrancou a súa xira galega 2024 e mesmo adiantou algúns dos temas ainda inéditos do seu próximo traballo. Un detalle que o numeroso público asistente agradeceu con improvisados pasos de muiñeira ao son das gaitas dos integrantes de Treixadura. Unha implicación moi similar á lograda este medio día pola Escola da Banda de Música de Vilaboa, que desperta en toda a veciñanza de Vilaboa un orgullo especial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *